Diseño web

Por: versiongalega.com  27/06/2010
Palabras clave: Desarrollo Web, Diseño Y Desarrollo De Páginas Web, Posicionamiento Web

Toda a experiencia acumulada como deseñadores gráficos permítenos ofrecer deseños de páxinas Web de calidade que combinan atractiva visual e todo o potencial do marketing en Internet.

Cada deseño Web própónse de forma totalmente independente e enfocada ás características do cliente e do seu público-obxectivo.

Así mesmo, temos moi presentes as necesidades de programación, arquitectura Web, deseño e redacción de textos para que os sitios Web que deseñamos ofrezan o mellor (orgánico ou gratuito).

Deseños funcionais, sinxelos e directos

Versiongalega.com centra o seu labor en ofrecer ao cliente solucións Web, tanto a empresas que queren comezar o seu negocio en Internet como aquelas empresas que necesitan redireccionar os seus servizos ou as súas estratexias comunicativas en Internet.

Ofrecemos todos os servizos necesarios para desenvolver e manter proxectos Web rendibles e exitosos, ofrecendo solucións Web para todo tipo de empresas.

deseños a medida e sen plantillas, comprometidos cos prazos de entraga ó 100%, financiación a medida sen xuros

O trato directo dos deseñadores cos nosos clientes é imprescindible para lograr o deseño ideal en cada caso. Unha boa relación profesional entre ambas as dúas partes acelera o proceso de deseño e conséguese unha comprensión máis precisa do estilo do cliente e da súa empresa.

O noso traballo diario ten un marcado carácter de equipo e organízase a través de reunións coordinadas entre os diferentes departamentos para poder ofrecer unha resposta integral adaptada a todas as necesidades do cliente.

Versiongalega.com ofrece solucións integrais no referente a deseño Web. Onde cada proxecto Web, realízase de forma personalizada e a medida do cliente.

Ofrecemos solucions eficaces para sacar o mellor partido a seu negocio na Internet.

Palabras clave: Desarrollo A Medida, Desarrollo Web, Diseño De Páginas Web, Diseño Y Desarrollo De Páginas Web, Paginas Web, Posicionamiento Web