MENTORES E EMPRENDEDORES DA REDE IMPULSADA POR ECONOMÍA E INDUSTRIA PODERÁN COMPARTIR AS SÚAS EXPERI

Por: Rede Mentoring  21/09/2011
Palabras clave: Recursos Humanos, Crecimiento Personal, Coaching

A Rede Galega de Mentores, promovida pola Consellería de Economía e Industria a través de Bic Galicia, amplía a súa presenza online coa creación dun blog no que os mentores e as empresas de nova creación poderán compartir as súas experiencias e buscar resposta aos retos que se lles presenten. Deste xeito prevese ampliar de xeito importante o abano de beneficiarios do labor da Rede Mentoring entre os novos empresarios galegos.

Rede Mentoring agrupa a un crecente número de mentores —máis de oitenta no momento actual— que son expertos recoñecidos en distintas disciplinas empresariais que, voluntaria e gratuitamente, dedican parte do seu tempo a axudar a empresarios e emprendedores en áreas como financiamento, internacionalización, mercadotecnia, recursos humanos, etc. Dende a súa creación en 2008 por parte de Bic Galicia, a Rede Mentoring realizou máis de setenta mentorizacións que foron valoradas moi positivamente por cantos empresarios participaron nelas.

 

A apertura do novo blog da Rede Galega de Mentores responde a unha demanda repetida en numerosas ocasións nestes anos: a necesidade de que os servizos que a Rede Mentoring ofrece cheguen ao maior número posible de empresarios, de forma que moitas máis empresas podan beneficiarse dun programa punteiro en España, tanto pola calidade dos seus servizos como pola súa gratuidade e os resultados positivos que del se derivan para o emprendemento.

 

Este novo blog da Rede Galega de Mentores está xa accesible a través do portal .  Difundirase a través das redes sociais, en concreto a través do grupo Rede Mentoring en Lindekin, servirá tamén para achegar máis visibilidade á experiencia acumulada polos mentores e polas empresas participantes.

 

Neste blog intervirán de forma periódica expertos de recoñecida solvencia en diferentes áreas. Ofrecerá tamén un espazo de participación no que as empresas poderán realizar consultas ou expor os seus casos e servirá, en definitiva, para fortalecer a rede de apoio mutuo e dar maior visibilidade ás actividades e eventos profesionais de Galicia. Tamén servirá para analizar, más allá de los proxectos mentorizados, casos de éxito localizados en Galicia e que podan servir como referencia para outros emprendedores.

 

A rede Mentoring é un instrumento de apoio á creación, consolidación e crecemento das empresas galegas a través dun proceso estruturado que facilita que os expertos e os empresarios experimentados  poidan compartir, de forma altruísta, os seus coñecementos e habilidades cos novos empresarios.

 

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

Palabras clave: Coaching, Crecimiento Personal, Habilidades Directivas, Recursos Humanos

Ponte en contacto con Rede Mentoring

No se ha proporcionado ningún correo electrónico

Imprimir ésta página